A colaboración entre o Servizo Municipal de Emerxencias e a Garda Civil permite localizar a unha veciña de Anceis

27 Out 2023

A colaboración estreita entre o Servizo Municipal de Emerxencias e a Garda Civil permitiu, onte, localizar a unha veciña de Anceis de 87 anos que se había desorientado. A agrupación de Cambre recibiu o aviso arredor das 21.10 horas por parte da filla da desaparecida. Na súa comunicación, informaba de que a muller, que sacara ao can a pasear, non había regresado ao seu domicilio á hora habitual.

O Servizo Municipal de Emerxencias e a Garda Civil puxeron en marcha un dispositivo de búsqueda que deu os seus froitos pouco despois. Os axentes do corpo de seguridade localizaron á octoxenaria en perfectas condicións e a pouca distancia da súa casa gracias aos ladridos do can.

Esta mesma semana, o Servizo Municipal de Emerxencias recibiu tamén unha chamada dos veciños dun edificio. Na mesma, o particular informaba de que escoitaba gritos de auxilio procedentes dun los pisos do inmoble. A agrupación logrou acceder ao domicilio e auxiliar á residente, unha muller de avanzada idade que sufriu danos na cadeira. Nesta intervención tomou parte tamén a Policía Local de Cambre e o 061.

Incidencias polo temporal

O servicio municipal atendeu, nos últimos días, numerosas incidencias provocadas polo temporal. Entre elas, recibiron avisos pola caída de sete árbores en varios puntos do concello e tamén actuaron nun accidente de tráfico e nunha inundación.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, agradece “o magnífico labor que están realizando desde a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias”. O edil apunta que a cooperación e o traballo coordinado coa Garda Civil “garanten unha mellor atención á cidadanía”.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.