A colaboración entre os veciños e os servizos de emerxencias facilita o rescate de dous feridos nun accidente

13 Set 2024

A colaboración entre os veciños e veciñas e as forzas e corpos de seguridade e emerxencias favoreceu, onte, o rescate de dúas persoas que sufriran un accidente na estrada que conecta Altamira e Castelo. O Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre recibiu, ao redor das 21.55 horas, un aviso no que se lles informaba de que un vehículo impactara contra un muro, saíndose da vía e acabando na zona da cuneta.

Cando chegaron ao lugar do incidente, os residentes da zona xa lograran sacar do automóbil ao condutor. O Servizo de Emerxencias de Cambre procedeu entón a sufocar as chamas que se produciron no coche por mor do impacto.

Durante o seu relato, o condutor indicara que viaxaba só. Con todo, tras oír ruído nas proximidades do incidente, a agrupación e os veciños realizaron unha procura para comprobar de onde procedía o ruído. Finalmente, ao redor das 00.10 horas e a uns 6 metros do lugar do impacto, localizaron a unha segunda persoa que, previsiblemente, sairía disparada polo portelo do copiloto.

No accidente interviñeron tamén os Bombeiros de Arteixo, a Garda Civil e o servizo de ambulancias do 061.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, agradece a colaboración dos veciños e veciñas “esencial durante todo o dispositivo, así como o incrible labor do Servizo Municipal de Emerxencias, cuxa profesionalidade e perseveranza permitiu localizar e rescatar á segunda vítima”. O edil agradece, así mesmo, o traballo do resto de corpos e forzas de seguridade e emerxencias que cooperaron na intervención.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.