Axudar aos mozos para coñecer todos os servizos e instalacións municipais que teñen á súa disposición. Esta foi a premisa que a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre buscou cumprir cunha das súas últimas actividades, consistente nunha visita ao IES Afonso X O Sabio. Ao longo da mesma, o persoal do departamento xuvenil atendeu a uns 600 mozos e mozas.
Durante esta acción, os traballadores do departamento explicáronlles aos alumnos e alumnas que o Concello conta, na actualidade, con dúas casas xuvenís, Arrigada e Palmeiras. Así mesmo, falóuselles da programación que a OMIX organiza ao longo do ano, incidindo nas próximas propostas previstas para as próximas semanas. Estas son gratuítas e están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.
Desde o departamento brindóuselles información doutros servizos que se xestionan desde a área de Xuventude como, por exemplo, o uso dos locais de ensaio para grupos e solistas. Na actividade, a OMIX compartiu espazo co punto itinerante de información xuvenil de Xuventude da Xunta de Galicia.
Aviso de tráfico na avenida da Pasaxe
Infórmase do corte total de tráfico na avenida da Pasaxe con motivo das obras de mellora dos accesos ao CHUAC. O corte...
