A OMIX propón un Entroido sostible da man dun novo intercambio de disfraces

6 Feb 2024

A Oficina Municipal de Información Xuvenil volverá estimular a sostibilidade e o uso de materiais reciclados para as festas de Entroido. Tras a boa acollida nas últimas edicións dos Entroidos e do Samaín, o departamento puxo en marcha o seu intercambio de disfraces, unha iniciativa coa que buscan dar unha nova vida a estas vestimentas. O obxectivo desta iniciativa non é outro que dar promover a reciclaxe destas pezas. E é que o 85 % destes traxes utilízanse só unha vez e logo adoitan tirarse. A proposta está aberta á participación de veciños e veciñas de todas as idades, que poderán doar traxes completos, disfrace sen accesorios ou entregar só estes últimos. En todo caso, deberán estar en boas condicións (limpos e sen remendos). As persoas que participen recibirán un vale de cambio que, posteriormente, poderán empregar para facer efectivo o troco. Por cada peza doada entregarase un vale que poderá utilizarse nas datas de intercambio. A proposta estará dispoñible ata o venres, 16 de febreiro, ás 20.00 horas en Casa Arrigada. Actividades Entroido O intercambio de disfraces é, unicamente, unha das actividades que a OMIX organiza con motivo do Entroido. As propostas comezarán este venres, 9 de febreiro, coas Tardes de Entroido de Arrigada e Palmeiras (de 18.00 a 20.00 horas). O luns, 12 de febreiro, levaranse a cabo dous talleres de repostería, un de orellas en Arrigada (de 11.30 a 13.30 horas) e outro de filloas en Palmeiras (de 18.00 a 20.00 horas). A programación de Entroido concluirá cunha tarde de preparación para o Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo o venres, 16 de febreiro (de 18.00 a 20.00 horas, en Arrigada e Palmeiras).

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.