A Policía Local denuncia a tres menores por realizar varias pintadas no parque Ramón Barba e na rúa Estanque

21 Out 2022

A Policía Local denunciou, nos últimos días, a tres menores por realizar pintadas no parque Ramón Barba e na rúa Estanque do Temple. Os feitos producíronse o pasado venres, cando os axentes recibiron a chamada dun particular que informaba de que tres novos estaban a facer un grafiti na fachada dun edificio de rúa Estanque.

Ata alí desprazáronse dúas patrullas da Policía Local que identificaron a estas mozas grazas á descrición proporcionada polo particular. As menores foron localizadas no interior do parque Ramón Barba, onde foron pilladas in fraganti mentres pintaban un grafiti. Estas levaron a cabo en varias palmeiras do parque, nunhas escaleiras e na parede dun edificio.

As mozas, veciñas doutros municipios próximos, foron denunciadas por infrinxir a ordenanza de limpeza viaria e ornato público. Ao tratarse de menores de idade, foron entregadas aos seus titores legais, aos que se lles informou destes feitos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.