A Policía Local intercepta a un condutor que duplicaba a taxa máxima de alcol permitida

23 Mai 2024

A Policía Local interceptou ao condutor dun vehículo que duplicaba a taxa máxima de alcol permitida en aire expirado. Os feitos ocorreron na madrugada do festivo, cando a patrulla nocturna que realizaba as tarefas de vixilancia sorprendeu a un vehículo que circulaba a gran velocidade pola zona do Paraugas do Temple. Ao darlle o alto, os axentes municipais sospeitaron que o home podía estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que decidiron sometelo a unha proba de alcoholemia. O test lanzou un resultado positivo, duplicando o condutor a taxa máxima permitida.

Finalmente, a Policía Local formulou unha denuncia administrativa, o que conleva, non só unha sanción económica, senón tamén unha perda de puntos no permiso de condución.

Denuncia administrativa

A noite do pasado sábado, a patrulla da Policía recibiu unha chamada dun particular que alertaba de que un mozo estaba a realizar grafitis na zona do Temple. Os axentes desprazáronse ata a zona e localizaron ao mozo, que levaba consigo varios sprays e ao que, finalmente, se lle interpuxo unha denuncia administrativa por incumprir a ordenanza de ornato de limpeza viaria e ornato público.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.