Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada chea de actividades. Desta forma, o sábado, 4 de...
A Policía Local interpón sancións de 1.500 euros a dous mozos por realizar varias pintadas

Tamén che pode interesar
Adxudicada a ampliación do complejo deportivo da Barcala
A xunta de goberno local adxudicou, esta mañá, o proxecto de reforma e ampliación do complexo deportivo da Barcala. As...
Os axentes municipais lles requisaron, ademais, uns 20 sprays de pintura.
A Policía Local denunciou, o pasado sábado, a dous veciños de Cambre de 21 anos por infrinxir a ordenanza de limpeza viaria e ornato público. En concreto, interpuxéronse dúas denuncias de 1.500 euros cada unha delas pola realización de grafitis en distintos muros da estrada Cambre-O Temple.
Os feitos sucederon ao redor das 1.30 horas do sábado, cando os municipais viron a dous mozos cruzando a estrada DP-1706. Un deles levaba botes de spray e tiña, ademais, restos de pintura nas mans. As cores desta pintura coincidían cos das pintadas. O outro individuo levaba as chaves dun vehículo no que gardaban máis botes de pintura.
Como parte da intervención, a Policía requisoulles unha vintena de sprays de pintura. Así, ademais dos que se atoparon no coche, os axentes retiraron outros botes que os mozos abandonaran na rúa ao decatarse da presenza policial.
Os grafitis realizáronse en varios muros da zona, nunha superficie duns 20 metros cadrados, aproximadamente. Interpoñeráselles unha sanción de 1.500 euros pola comisión dunha infracción grave da ordenanza reguladora de limpeza viaria do Concello.