A Policía Local interpón unha sanción de ata 1.500 euros ao autor dun grafiti na Barcala

22 Nov 2022

A Policía Local denunciou, esta fin de semana, a un mozo de 20 anos por realizar un grafiti na Barcala. Trátase dunha infracción recollida na ordenanza municipal de limpeza viaria e ornato público que podería carrexar unha sanción de ata 1.500 euros.

Os feitos producíronse o domingo, pola mañá, nas inmediacións do parque infantil da Rañoa, na urbanización A Barcala. Unha patrulla vixiaba a zona nun coche camuflado cando viron ao mozo con actitude sospeitosa. Nese momento, os axentes municipais decidiron seguirlle os pasos e, finalmente, descubrírono realizando a pintada no portal dunha vivenda da zona.

O mozo, natural de Cambre, foi denunciado por incumprir a ordenanza de limpeza viaria e ornato público. En concreto, a realización de gratifis está tipificada como unha falta grave e pode supoñer unha multa de ata 1.500 euros.

Nos últimos meses, a Policía Local intensificou os labores de vixilancia para previr este tipo de condutas. O reforzo destas tarefas saldouse coa interposición de seis denuncias desde o mes de xullo.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.