A Policía Local localiza a un veciño con principios de demencia que levaba varias horas desorientado

27 Xul 2022

A súa muller informou os axentes municipais de que o home non regresara ao seu domicilio despois dunha hora e media.

A intervención da Policía Local de Cambre foi decisiva para localizar a un veciño con principios de demencia que se desorientara e non regresara ao seu domicilio. Os feitos tiveron lugar onte, cando unha veciña de Cambre informou de que o seu marido, de 74 anos e con principios de demencia, non volvera á súa vivenda.
 
Segundo a información proporcionada pola muller, o home mantén unha rutina diaria, polo que, tendo en cuenta o seu estado de saúde e tras hora e media sen ter noticias del, decidiu contactar coa Policía Local.
 
Os axentes municipais trasladaron a información tanto a Protección Civil como á Garda Civil para coordinar o dispositivo de busca. Finalmente, e tras a realización de varias pescudas, conseguiuse localizar ao home na Coruña, ata onde se desprazou unha patrulla da Policía Local para axilizar a intervención. O home, que se atopaba en bo estado pero algo alterado, reuniuse coa súa muller e o seu fillo. 

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.