Albóndegas de cabaciña e ensalada rusa de coliflor: leste foi o menú na primeira xornada do programa ‘Come ben, vive san’

18 Abr 2023

Albóndegas de cabaciña e ensalada rusa de coliflor conformaron o menú da primeira xornada do programa ‘Come ben, vive san’. Baixo o título, Verduras atractivas, a dietista e experta en alimentación, Carolina Mosquera, ensinou ás persoas participantes os ingredientes e pasos a seguir para crear ambas as receitas. Nesta primeira actividade tomou parte, ademais, a nutricionista do centro de saúde de Cambre, Rita Allegue, que explicou como funciona o servizo de asesoramento sobre nutrición que realizan desde o propio ambulatorio, informando os veciños e veciñas sobre como poden acceder ao mesmo.

O programa desenvolverase ata o venres, 21 de abril, na aula Portomuíños da Barcala (de 19.00 a 20.00 horas). Cada xornada estará centrada en cuestións diferentes:

  • Martes, 18 de abril: cociña con legumes
  • Mércores, 19 de abril: tuppers saudables
  • Xoves, 20 de abril: receitas rápidas saudables
  • Venres, 21 de abril: sobremesas sas

Ao finalizar a actividade do venres, realizarase un sorteo de tres agasallos entre as persoas participantes en todas as xornadas. En concreto, sortearanse unha fritideira de aire, unha lékué para cociña en vapor e un libro de receitas sas.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.