Área de autocaravanas

ZONA DE SERVIZO PARA AUTOCARAVANAS 

Trátase dunha infraestrutura turística de primeiro nivel para atender aos usuarios do turismo de caravanas e autocaravanas que chegan a Cambre dende todos os puntos da xeografía ibérica.
Conta cunha excelente zona de aparcamento e moi preto están os recursos turísticos máis importantes do Concello de Cambre.
A poucos metros atópase a Oficina de Turismo, o Museo do Xacemento Romano, a igrexa románica de Santa María, o Paseo fluvial do río Mero…
A Área de Servizo, a disposición dos usuarios, consta dos seguintes elementos: carga de auga potable e baleirado de augas negras e grises, así como depósitos de residuos sólidos domésticos.

Normas de utilización

DIRECCIÓN
Rúa Samosteiro s/n.
Ao lado do Cemiterio municipal

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.