Praia de entrepontes

PRAIA DE ENTREPONTES 

Non fondo da ría do Burgo, á beira do Paseo dos Templarios, á beira do espazo onde os monxes guerreiros exerceron a súa actividade de control dos camiños, á beira do horizonte infinito dos océanos, do control do mar e de control das mentes…, atópase, entre a ponte medieval e a ponte do século XX, a praia mais pequena da Comarca: fermoso emprazamento onde o visitante poderá, mentres aproveita os momentos de ocio, contemplar este especial espazo admirando as vetustas arcadas medievais da Ponte do Burgo-Temple.