As cores das bandeiras Trans e LGTBIQ+ cobran forza na Casa Palmeiras grazas á implicación da mocidade

5 Xul 2024

O traballo e a implicación da xente moza serviu para reavivar as cores das bandeiras Trans e LGTBQI+ na zona da Casa das Palmeiras. A Oficina Municipal de Información Xuvenil organizou, un ano máis, un programa de actividades para conmemorar o Día da Diversidade Sexual no que se incluíu o repintado dos dous bancos situados nas inmediacións da instalación municipal no Temple.

A iniciativa levouse a cabo, por primeira vez, no ano 2021. A última vez que se pintaron foi no 2023 e, desde entón, algúns tons aparecían xa descoloridos. Para solucionalo, a OMIX volveu animar aos mozos e mozas a involucrarse nestes traballos, que consistiron non só no pintado, senón tamén na limpeza e o lixado de ambos os elementos. Ao longo da actividade, que se desenvolverá ata o venres, espérase a participación duns 12 mozos de entre 12 e 30 anos.

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, e a edil de Servizos Sociais e Recursos Humanos, Yolanda Díaz, desprazáronse, esta mañá, ao lugar para coñecer aos mozos e mozas involucrados na iniciativa, aos que felicitaron polo seu compromiso “non só coa igualdade, senón tamén co coidado do mobiliario urbano, patrimonio da veciñanza”. E é que esta acción busca un dobre obxectivo: por unha banda, promover a igualdade e a diversidade entre as novas xeracións e, pola outra, involucrar aos mozos e mozas no día a día da comunidade, facéndoos cómplices na mellora e mantemento das instalacións municipais e elementos de mobiliario urbano.

Ademais desta proposta, o calendario da OMIX polo mes do Orgullo contou tamén cun taller de deseño e creación de chapas e outro de pancartas e mensaxes reivindicativos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.