As empresas que instalen placas solares terán unha bonificación do 50% sobre o imposto de construción

28 Xan 2023

O Concello aprobou, no pleno do xoves, unha modificación da ordenanza fiscal número 4, reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. Entre os cambios, o goberno local introduciu unha importante novidade con respecto ao documento anterior: unha bonificación do 50% para aquelas empresas que instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. Como explicou a concelleira de Economía, Facenda e Réxime Interior, María Pan Lesta “este cambio vai da man da nosa aposta polas enerxías renovables e a independencia enerxética, un compromiso que vimos demostrando coa implantación das luces LED en Cambre, O Temple, A Barcala e no polígono do Espírito Santo, así como co proxecto que se vai realizar nos Campóns, que vai supor a creación dunha rede de autoconsumo na cuberta da instalación”.

Ata o de agora, a ordenanza fiscal contemplaba esta mesma bonificación do 50% para as vivendas que realizasen unha obra para colocar placas solares. Co cambio, o abanico amplíase, facendo que esta dedución sexa tamén extensible ás compañías.

A maiores, a ordenanza fiscal experimenta outras dúas modificacións. A primeira delas está relacionada co anexo de obra menor no que se recollían os materiais, tipos de obras e os seus prezos. Este apartado eliminouse coa revisión da ordenanza, entendendo que poden seguir xurdindo novas tipoloxías no sector, tal e como pasou desde a elaboración do documento. O tipo de gravame manterase, como ata o de agora, no 3%. A segunda modificación ten que ver co anexo de obra maior, no que se actualizaron os prezos medios en consonancia coa subida real que se produciu desde a última actualización da ordenanza. Estes baremos aplicaranse sempre que o orzamento presentado pola persoa interesada sexa interior ao prezo de mercado.

O novo texto expoñerase ao público no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello durante un prazo de 30 días hábiles (contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.