O Entroido Pequeno máis grande do mundo

O Entroido ten na nosa comunidade un forte arraigo e tradición.
Nesta época do ano realízanse celebracións nas distintas parroquias e con diferentes enfoques en función do colectivo/grupo de idade ao que van dirixidas. O abano de actividades é amplo e variado: festas gastronómicas adicadas aos platos típicos desta festividade, bailes, concursos, festas infantís etc…A convivencia e o desfrute son os obxectivos fundamentais.
A estes últimos únese a recuperación de tradicións como a de “correr o entroido” que leva aos máis pequenos a amosar os seus disfraces e pedir lambetadas aos veciños. Esta iniciativa lévase a cabo cada ano nunha parroquia distinta do Concello.
O prato forte ven coa celebración da festa do Entroido pequeño máis grande do mundo que se celebra ó sábado seguinte ao mércores de cinza. O que fai de Cambre un lugar diferente onde o Entroido dura un pouquiño máis que noutros lares.
O desfile de carrozas, o concurso de disfraces en distintas categorías, as comparsas e as actuación humorísticas e musicais alongan a xornada ate ben entrada a noite.