Cambre acolle obradoiros de autoestima para mulleres a través do programa Píllara

5 Abr 2023

Fortalecer a autoestima a través dunha perspectiva de xénero. Ese foi o obxectivo central do último taller organizado a través do programa Píllara. A iniciativa chegou a 13 mulleres do municipio.

En total, leváronse a cabo sete sesións entre os meses de febreiro e marzo. A iniciativa xurdiu por mor dunha solicitude das propias participantes, que xa tomaran parte dun taller sobre competencias parentais en novembro e decembro centrado tamén en autoestima pero, neste caso, na dos fillos e fillas.

Ao longo desta acción abordáronse cuestións como as seguintes: definición de autoestima e influencia social e cultural na mesma, técnicas de autocoñecemento, conceptos como a resiliencia e sororidade e a xestión emocional e a asertividade.

Programa Píllara

O programa Píllara conta cunha educadora social con dedicación completa que traballa seguindo estas liñas de actuación:

  • Ofrecer atención individualizada e apoio psicosocial a persoas e familias usuarias dos servizos sociais comunitarios dentro do programa de educación familiar.
  • Organizar actividades de educación e apoio familiar para favorecer a adquisición de habilidades sociais, de organización doméstica e competencias parentais.
  • Realizar un seguimento do proxecto de intervención de cada persoa/familia.
  • Derivar a outras axencias e organizacións que ofrecer servizos especializados en Cambre e na comarca, como atención psicolóxica, asesoramento xurídico, orientación laboral, formación, etc.
  • Promover a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade nas familias a través de todas as actuacións do programa.
  • Promover a participación das familias á vida comunitaria, así como a visibilización da contribución social que fan á súa contorna.

O programa está subvencionado pola Consellería de Política Social e conta co cofinanciamento da Unión Europea no marco do Programa Operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.