Cambre busca promover a inclusión das familias xitanas a través de Amarí, o novo programa de Servizos Sociais

29 Xuñ 2022

Promover a inclusión social das familias xitanas de Cambre. Ese é o obxectivo que o Concello se marca con Amarí (nosa en caló), o novo programa de Servizos Sociais, en marcha desde o mes de maio. O salón de plenos acolleu, esta mañá, a presentación oficial, que correu a cargo da edil de Benestar Social, Lúa Sanguiñedo, e da técnico superior de integración social encargada deste proxecto. Durante a súa intervención, Sanguiñedo incidiu na “importancia” desta iniciativa, “coa que se realizará unha intervención completa desde diferentes ámbitos, como ou sanitario, ou educativo, ou laboral, ou convivencial, etc.”. A responsable da área destacou que, con Amarí, poñerase especial énfase na promoción da igualdade: “levaranse a cabo propostas e accións dirixidas a todo ou colectivo, pero queremos centrar unha parte dous esforzos en promover a igualdade e ou desenvolvemento dá muller xitana”.

En liñas xerais, Amarí buscará cumprir os seguintes obxectivos: apoiar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e mellorar a calidade de vida das persoas xitanas, promover a igualdade e o desenvolvemento da muller e, por último, garantir a súa efectiva igualdade de oportunidades. Para cumprir con estas liñas mestras, o programa terá un carácter educativo, integrador, sensibilizador, de mediación e preventivo.

Cando apareza un caso, a traballadora e a educadora social elaborarán, xunto coa técnica de integración social, un proxecto de atención individual para traballar as diferentes áreas de actuación:

  • Saúde: coordinación cos servizos sanitarios, revisións dos menores, estado de vacinación, organización de talleres afectivo-sexuais, prevención de consumo de drogas, atención psicolóxica, valoracións de grao de discapacidade, etc.
  • Educativo formal: coordinación e seguimento cos servizos de orientación, apoio escolar, obtención de competencias clave e Educación Secundaria para Adultos, orientación, etc.
  • Educativo non formal: habilitar espazos de formación non formal a través do voluntariado, atención en horario de tarde, talleres de integración social, de habilidades sociais, etc.
  • Convivencial: intervención individualizada nas relacións familiares por parte dos educadores/as sociais e da técnico de integración social, habilidades domésticas, talleres de emancipación, traballo con entidades veciñais da zona, mediación, etc.
  • Lecer: colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil e con outros departamentos para ofrecer propostas de lecer.
  • Laboral: elaboración de currículos, acompañamento aos servizos ordinarios de emprego e ao servizo municipal de emprego, orientación sobre cursos de formación ocupacional, derivación ao gabinete de inserción sociolaboral do Consorcio As Mariñas, organización de talleres de preparación para o emprego, etc.

O persoal municipal traballará cada caso por medio de citas individuais, itinerarios personalizados, acompañamento social e traballo en grupos por temáticas e áreas de actuación.

A iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, financiado como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19. Conta cun orzamento de 49.066,59 euros e cun obxectivo temático de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

As persoas interesadas en participar neste proxecto poden contactar co departamento de Servizos Sociais a través do teléfono 981 65 48 12 e do correo electrónico ser_sociales@cambre.org.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.