Cambre cita a outros oito artistas para despedir o seu programa Historias detrás dun cadro

14 Mar 2024

Vila Concepción acollerá o 21 de marzo a inauguración da quinta e última exposición da iniciativa Historias detrás dun cadro. Nesta ocasión, a mostra recollerá o traballo pictórico de oito artistas: por unha banda, o de Paloma Díaz-Castroverde e o de Carmen Quiñoá, ambas as profesoras das actividades socioculturais do Concello e da Asociación Cultural de Santa María do Temple e, polo outro, as obras de Carmen López Redondo, Avelino Quintela, María Teresa Ponte, Adela López, Concepción Fernández e Rosario Esmorís, alumnos e alumnas das dúas mestras.

O concelleiro de Cultura, David Saborido, agradece a gran “disposición que amosaron as profesoras, ou alumnado e o resto de artistas convidados ao longo de todo este proxecto, xa que sen a súa implicación todo isto non tería sido posible”. Así mesmo, o edil valorou a “acollida que Historias detrás dun cadro tivo entre a veciñanza” e avanzou que non será a última actividade sobre pintura que levará a cabo na instalación municipal: “en vista do enorme interese, estamos traballando en propostas similares como charlas e seminarios sobre a arte e segredos ou detalles curiosos sobre cadros”.

A inauguración será o xoves, 21 de marzo, ás 19.30 horas. Con todo, ás 20.00 horas está prevista unha charla para coñecer aos autores e autoras da exposición. A mostra poderá visitarse ata o 4 de abril na dependencia municipal. Como broche final a Historias detrás dun cadro, o pintor, poeta e profesor Juan Massana impartirá un seminario sobre teorías da cor os días 2 e 3 de abril en Vila Concepción.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.