Cambre continúa levando as bibliotecas ás rúas coa instalación de 11 novas casetas de intercambio de libros

17 Mai 2023

En Cambre, os libros saen ás rúas. Esa é a proposta do Concello para seguir impulsando a lectura entre a veciñanza. Unha premisa que o goberno local iniciou, hai uns meses, coa posta en marcha dun proxecto piloto de bookcrossing (intercambio de libros). A medida comezou coa disposición dunha caseta con numerosas obras no Parque da Igrexa. Porén, a iniciativa tivo tal éxito entre a cidadanía, que o Concello recibiu varias solicitudes para colocar elementos similares noutros puntos do termo municipal. Unha demanda que se acaba de cumprir coa instalación de novas casetas en boa parte do concello:

O Concello arrincou, onte, a colocación dos novos elementos, e a previsión é que as tarefas de instalación e dotación de exemplares poidan completarse nestes días. As novas casetas estarán situadas nos seguintes puntos:

  • Bribes (inmediacións do cruceiro)
  • Brexo-Lema (inmediacións do cruceiro)
  • Cecebre (ao carón do monumento en homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez)
  • Pravio (na zona da unitaria de San Bartolomeu)
  • Andeiro (na área do parque infantil)
  • Santa María de Vigo (no parque infantil)
  • O Temple (parque Manuel Lugrís)
  • A Barcala (nas inmediacións do parque infantil)
  • Sigrás (nas inmediacións do local social)
  • Anceis (na contorna do local social)
  • San Lourenzo (na zona do parque infantil e do local social)

A intención é darlle continuidade ao proxecto dispoñendo de novos elementos noutros puntos do termo municipal nos que está prevista a execución de próximas obras.

Baixo o nome de ‘Biblioteca na rúa’, o mecanismo desta iniciativa é sinxelo: os veciños e veciñas poden achegarse aos distintos lugares onde se localizan estas casetas e retirar algunhas das obras dispoñibles. A cambio, poderán depositar outra no mesmo. Desta forma, garantirase a continuidade do proxecto. Así, os lectores poderán gozar do libro nas proximidades do lugar ou, se o prefiren, levalo á casa para lelo.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.