Cambre continuará impulsando a dixitalización e a participación cidadá cunha subvención de 170.000 euros do Goberno

2 Set 2022

O alcalde, Óscar García Patiño, recibiu ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que presentou esta nova liña de axuda.

O alcalde, Óscar García Patiño, e os concelleiros e concelleiras do goberno local recibiron, esta mañá, ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O obxectivo foi presentar a nova liña de subvencións para a dixitalización das entidades locais, da que Cambre recibirá 170.277 euros. O rexedor agradeceu ao delegado “a boa disposición e a colaboración entre ambas as administracións”, destacando que a contía permitirá “seguir apostando pola dixitalización e por achegarnos á veciñanza a través das novas tecnoloxías”.

Durante o encontro, García Patiño lembrou que o Concello xa dispón “de varias aplicacións móbiles que permiten cumprir con este obxectivo, como a app Avisos Cambre e da OMIX”. Ademais, o alcalde sinalou que “o WhatsApp segue en funcionamento, permitindo á cidadanía trasladar incidencias e recibir información municipal”. O primeiro edil avanzou que a contía recibida destinarase “a automatizar e simplificar procedementos dentro da administración local, buscando, como sempre, axilizar e darlles máis facilidades aos cidadáns e cidadás.

Pola súa banda, Miñones apuntou que esta convocatoria “é unha oportunidade única para promover a transformación dixital das administracións”, e cualificou a Cambre como “un referente neste proceso de dixitalización”. O delegado explicou que “o Plan de Recuperación do Goberno está chegando a todos os municipios de Galicia, con participación, transparencia e cooperación entre todas as institucións”.

Ademais de sobre esta liña, a reunión serviu para falar doutras das axudas que o Goberno central ten en marcha e da que poden beneficiarse os concellos.

Liñas estratéxicas

Con esta subvención, o Concello pode expor accións enmarcadas nalgunha das seguintes liñas estratéxicas:

  1. Orientada ao cidadán: mellorar os servizos públicos que prestan as entidades locais, favorecendo o uso e a accesibilidade dos servizos públicos dixitais, a modernización dos procesos e a capacitación.
  2. Operacións intelixentes: mellorar a calidade, cantidade e eficiencia dos servizos e procesos de xestión e tramitación das administracións públicas, a través da utilización de tecnoloxías de automatización intelixente.
  3. Goberno do dato: democratizar o acceso aos datos permitindo o libre acceso á información e a súa replicabilidad.
  4. Infraestruturas dixitais: dotar ás administracións locais das infraestruturas tecnolóxicas necesarias para a súa modernización, contribuíndo a desenvolver a conectividade dixital, a economía do dato e a intelixencia artificial nas administracións.
  5. Interoperabilidade de servizos básicos de administración dixital: garantir a interoperabilidade dun conxunto mínimo de servizos básicos de administración dixital (rexistro electrónico, notificacións electrónicas, facturación electrónica e integración de expedientes abertos e cartafol cidadán do sector público estatal).

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.