A repartición de bonos dentro da iniciativa está a realizarse da seguinte forma: 225 bonos de 20 euros, 45 bonos de 50 euros, 25 de 100 euros e 3 de 250 euros. A maiores, estivéronse entregando lotes de produtos de Nadal tanto nos comercios como nas feiras municipais.
Os clientes dos locais adheridos poderán conseguir os seus bonos ata mañá. En canto ao troco dos mesmos, poderán facelo ata o 31 de xaneiro de 2023.
Poboado de Nadal
Despois de varias semanas de actividade, o primeiro Poboado de Nadal da historia de Cambre pechará, tamén mañá, as súas portas. Farao coa celebración de dous talleres infantís, un de colaxe e outro de cociña de Nadal.
Desde o pasado 22 de decembro, centos de persoas participaron nas diferentes actividades que levaron a cabo no Poboado de Nadal do Ramón Barba. A instalación acolleu, non só obradoiros para os nenos e nenas, senón tamén a visita de Papá Noel e os seus elfos e actividades ao aire libre.