Cambre favoreceu a conciliación de preto dun cento de familias durante as festas de Nadal

9 Xan 2023

O Concello favoreceu a conciliación de preto dun centenar de familias do municipio a través do programa Xogando no Nadal. A iniciativa, que se levou a cabo durante o período vacacional, estivo dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, de toda Primaria e de 1º da ESO.

O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, incide en que este tipo de medidas son “esenciais” para garantir “que as familias poidan conciliar nos períodos vacacionais dos nenos e nenas, algo que tentamos conseguir co lanzamento de programas durante o verán, a Semana Santa e o Nadal”.

Xogando no Nadal celebrouse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez e en dúas quendas: a primeira, os días 23, 26, 27, 28, 29 e o 30 de decembro, e a segunda, do 2 ao 5 de xaneiro de 2023. Ao longo do programa, os nenos e nenas puideron gozar de actividades lúdico-deportivas e culturais relacionadas co Nadal.

Ademais da propia asistencia dos pequenos e pequenas, as persoas que o solicitaron puideron acceder a servizos complementarios como o Mañanceiro, almorzo, comida e transporte.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.