Cambre pon en marcha un proxecto piloto de bookcrossing coincidindo co Día das Bibliotecas

24 Out 2022

Coincidindo co Día das Bibliotecas, o Concello puxo en marcha un proxecto piloto de bookcrossing. A iniciativa, posta en marcha de forma coordinada entre as áreas de Desenvolvemento Asociativo e a Concellería de Cultura, consiste en deixar libros en lugares públicos para que calquera lector poida recollelos, lelos e volver poñelos en circulación. Para facilitar e estender esta práctica entre a cidadanía, dispúxose unha caseta no Parque da Igrexa. A concelleira de Desenvolvemento Asociativo, María Carmen Pan Matos, confía en que os veciños e veciñas “non só retiren libros, senón que tamén aproveiten para deixar exemplares, enriquecendo así esta proposta”.

Baixo o nome Biblioteca na rúa, o mecanismo desta iniciativa é sinxelo: os veciños e veciñas poden achegarse ao Parque da Igrexa e retirar algunhas das obras dispoñibles nesta caseta. A cambio, poderán depositar outra no mesmo lugar. Desta forma, garantirase a continuidade do proxecto. Os lectores poderán gozar do libro nas proximidades do parque ou, se o prefiren, levarllo a casa para lelo.

Se a medida ten boa acollida, a intención do goberno local é ampliar esta iniciativa, habilitando novas casetas noutros puntos do municipio e estendendo, desta forma, a práctica entre un maior número de persoas. Antonio Seoane Sandoval, traballador do Concello de Cambre, foi o que confeccionou a caseta.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.