Cambre recibe unha subvención da Deputación para celebrar o VI Cromático Mural Fest

12 Xuñ 2023

O Concello acaba de resultar beneficiario dunha subvención de 23.595,41 euros por parte da Deputación da Coruña para a realización do próximo Cromático Mural Fest. Cambre convértese, xunto con Carballo, Oleiros, Ordes e Rianxo, nun dos cinco únicos municipios da provincia en acceder a esta liña para a organización de festivais de arte pública urbana. A nova convocatoria terá lugar entre o 24 e o 30 de xullo, e contará con artistas procedentes de Galicia, España e tamén doutros países.

O concelleiro de Deportes e Xuventude en funcións, Daniel Mallo, sinala que a axuda provincial, “permitirá seguir impulsando unha iniciativa que colleita grandes éxitos ano tras ao e que conta cunha grande aceptación entre a veciñanza do municipio”. O edil sinala a importancia do festival, co que se busca un dobre obxectivo: “por unha banda, a idea é embelecer con arte os lugares máis urbanos do municipio e, polo outro, seguir educando á mocidade dándolles un lenzo no que poder expresar toda a súa creatividade”.

Tras cinco edicións, o Cromático Mural Fest é xa un evento consolidado dentro do calendario de actividades de Cambre. Nos últimos anos, contou con multitude de muralistas de renome tanto do panorama autonómico como do nacional e internacional. No ano 2022, foron Mon Devane, Magda Cwik, Socatoba e Huariu os que encheron o municipio de cor. Dous desas creacións, as de Mon Devane e Huariu, foron seleccionadas como mellores do mundo segundo a plataforma mundial Street Art Cities.

Ao longo dos últimos anos, Alegría do Prado, Manolo Mesa, Nove Noel, Yoseba MP, Mr. Thoms, Zesar Bahamonde, Gri170, Sekone, Tope Rodriguez e Viviana Lucissano, Sokram, Nin9, Iria Fafián e Animalitoland deixaron tamén o seu sinal artístico en Ou Amorne, A Barcala e Cambre.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.