Cambre xa ten aos locais gañadores do seu XV Concurso de Escaparates de Nadal

17 Xan 2024

O Concello xa conta cos establecementos gañadores do XV Concurso de Escaparates de Nadal. Por unha banda, tras unha visita aos establecementos participantes nesta nova edición do Concurso e despois dunha intensa deliberación por parte do xurado profesional, LT51 Workspace fíxose co primeiro premio, JKids co segundo e Audison co terceiro. Nesta edición outorgáronse, ademais, dous accésits: La Casita del Árbol conseguiu o de ‘Máis sostible’, e  La Óptica del Temple o de ‘Adecuación do escaparate ao produto’. A isto hai que sumar, así mesmo, o premio da votación popular, que foi parar a mans da academia de inglés Everyday School of English.

O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, felicita aos establecementos galardoados, aos que agradece “a súa implicación e esforzo neste tipo de iniciativas coas que se busca promover o consumo no tecido empresarial de Cambre nestas datas sinaladas”. Agradece do mesmo xeito “a participación de todos os establecementos e do tecido asociativo comercial, sen o que sería imposible ter desenvolvido esta iniciativa un ano mais”.

A XV edición do certame congregou a 36 negocios do termo municipal. De entre os participantes, o xurado emitiu o seu fallo concedendo os tres primeiros premios atendendo aos seguintes criterios: creatividade, orixinalidade e innovación da decoración; a orientación comercial da decoración, uso do produto e dificultade; a iluminación do establecemento e o impacto visual e a composición e adecuada distribución espacial. A adxudicación do accésit ás sustentabilidade realizouse a partir de criterios de economía sostible, respecto polo medio ambiente e uso racional dos recursos naturais e de materiais reutilizables, outorgándose o accésit á adecuación do escaparate ao produto considerando a relación entre a decoración do escaparate e os produtos ou servizos comercializados. Tendo en conta estes aspectos, e a partir do fallo do xurado e dos resultados da votación popular, elaborouse a seguinte relación de premiados:

  • LT51 Workspace: 1º premio (1.000 euros).
  • JKids: 2º premio (700 euros).
  • Audison: 3º premio (500 euros).
  • La Casita del Árbol: Accésit máis sostible (400 euros).
  • La Óptica del Temple: Accésit adecuación ao produto (400 euros).
  • Everyday School Of English: Premio votación popular (1.000 euros).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.