Conclúe a colocación de casas niño para paxaros no paseo fluvial, Casa Arrigada e no Temple

17 Feb 2025

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre concluíu, hoxe, a instalación de catro casas niño no paseo fluvial do río Mero, no xardín de Casa Arrigada e no paseo marítimo do Temple. A colocación destes elementos prodúcese en coincidencia coa Candeloria, coñecida como a época na que os paxaros casan.

A actividade estivo dividida en dous partes. Na primeira, realizáronse os traballos de mantemento destes elementos, mentres que na segunda levou a cabo a colocación dos mesmos nos puntos do municipio nos que hai unha maior presenza de aves. Tendo isto en conta, situáronse no paseo fluvial, no xardín de Casa Arrigada e no paseo marítimo do Temple. Estes traballos realizáronse grazas á colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambre.

No caso do Temple, casa niño púxose nun cercis siliquatrum, coñecido tamén como árbore do amor polas súas follas en forma de corazón. En casa Arrigada, estes elementos están nunha cerdeira e nunha nogueira e, por último, colocouse unha última casa niño nun castiñeiro do paseo fluvial do río Mero.

Tamén che pode interesar