Charla sobre a figura histórica de María Pita
A Biblioteca Central de Cambre acollerá o venres, 5 de maio, ás 19.00 horas unha conferencia sobre a figura histórica de María Pita, impartida polo escritor e historiador, Luis Gorrochategui, especialista na figura da desta revolucionaria muller. A actividade preséntase como unha oportunidade excepcional para coñecer máis sobre esta personaxe histórica.