Representación da obra ‘Fala, fala…’ no parque da Igrexa

O parque da Igrexa acollerá este domingo, 7 de maio, a representación teatral 'Fala, fala...' de Cía Contraproducción. Será ás 19.00 horas. A actividade, que se leva a cabo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, está dirixida a público maior de 16 anos.

Concierto de A Banda da Loba

O grupo de música galega A Banda da Loba actuará en Cambre o sábado, 13 de maio. Será ás 20.00 horas no CEIP O Graxal e, durante o mesmo, a agrupación tocará temas do seu disco "Xabón Lagarta", entre outros. O concerto realízase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Contacontos ‘Cacho animalada’ a cargo de Vero Rilo

Vero Rilo traerá a Cambre o seu contacontos 'Cacho animada'. A actividade, que se realiza dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar o domingo, 11 de xuño, ás 18.00 horas. A actividade levarase a cabo no Parque da Igrexa. En caso de choiva, trasladarase á Biblioteca Central María Pita.  

Espectáculo “Show Máxico” de Cayetano Lledó

Cayetano Lledó aterrará en Cambre co seu espectáculo "Show Máxico". A actividade, encadrada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase o sábado, 17 de xuño. Será ás 20.00 horas no Parque da Igrexa.

Concerto do Grupo Tradicional de Sementeira en lembranza do Concurso de Anceis

O Grupo Tradicional de Sementeira Cambre Sementeira levará a cabo un concerto en lembranza ao Concurso de Anceis, un evento que a entidade organizaba na década dos 80. Ademais de interpretar algunha das melodias que soaban naquela época, a agrupación presentará a proposta que levará ao Festival Intercéltico de Lorient. Así mesmo, no concerto intervirá […]

Conto musical ‘As aventuras de Jazzy e Blusy’

O Parque da Igrexa acollerá o venres, 30 de xuño, o conto musical 'As aventuras de Jazzy e Blusy'. A actividade realízase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Será ás 20.00 horas no Parque da Igrexa. As persoas interesadas poderán chamar ao 981 613 193 ou ao 649 891 212 o propio día […]

Concerto Extraordinario da Banda de Música Sementeira Cambre

O auditorio do Parque da Igrexa acollerá o Concerto Extraordinario da Banda de Música Sementeira Cambre. Consistirá nunha preparación para o XXII Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda. A cita terá lugar o domingo, 2 de xullo, ás 19.00 horas.

VI Romaría Castrexo-Romana Galaicoi

Os castrexos e os romanos volverán á batalla. O enfrontamento entre os bandos será, un ano máis, a temática central da Galaicoi de Cambre, que chega á súa sexta edición. A Romaría Castrexo-Romana Galaicoi comezará este venres, 14 de xullo, e prolongarase ata o domingo, día 16. En canto ao horario, o venres será de […]

Concerto de Festicultores Troupe durante a VI Galaicoi

Festicultores Troupe poñerá a nota musical durante a xornada inaugural da romaría castrexo-romana Galaicoi. Facendo gala da súa fama como cultivadores de festas, o grupo encargarase de amenizar a noite do venres, 14 de xullo, dando un concerto no Castro a partir das 23.00 horas. A actuación realízase a través da Rede Cultural da Deputación da […]

Cromático Mural Fest

A VI edición do Cromático Mural Fest terá lugar entre o 24 e o 30 de xullo. Debido á gran acollida da edición pasado, este ano apóstase pola dispersión desta disciplina artística tanto nas zonas urbanas como nas rurais. Haberá un total de catro muros e, ademáis, pintarase un mural colaborativo na Barcala. A localización […]

Taller ‘Vive o rock… a mogollón’ do programa do Rock in Cambre

Un dos pratos fortes do Rock in Cambre será, sen dúbida, a actuación dos grupos locais, galegos, nacionais e internacionais. Con todo, o programa do festival ofrecerá numerosas actividades pensadas, especialmente, para o público infantil. Unha delas será o obradoiro 'Vive o rock... a mogollón!' Unha actividade para iniciarse á linguaxe musical. Terá lugar no […]

XXXI Rock in Cambre

O Concello de Cambre celebrará o sábado, 5 de agosto, a XXXI edición do festival Rock in Cambre. A cita terá lugar no Campo da Feira desde as 18.00 ata as 4.00 horas, aproximadamente. En canto á orde de actuación dos grupos, será a seguinte: Low Gain: 18:10 horas Replicantes 19:15 horas Lost Minnow: 20.30 […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.