As festas patronais que se celebran en cada parroquia para honrar ao patrón son hoxe unha escusa para o encontro con familiares, amigos e veciños. Os programas súmanse ao consubstancial obxecto relixioso: verbena, sesión vermú, amencer, xogos populares, competicións deportivas, espectáculos artificiais, etc. Pero os protagonistas son sobre todo a música e a gastronomía: churrascadas, cigaladas, pulpadas, sardiñadas …, que se converten no aderezo fundamental de calquera celebración parroquial.
FESTAS PATRONAIS DAS PARROQUIAS
– Cambre, “Santa María”, 15 de agosto
-Urb. A Barcala, “Visitación da Virxe”, 30 de maio.
-Anceis, San Xoán, 24 de xuño.
-Pravio, San Xoán, 24 de xuño.
-Brexo, San Paio, 26 de xullo.
-Cela, “Virxe do Carme”, 16 de xullo.
-Andeiro, “Virxe do Carme”, 16 de xullo.
-Sigrás, “Santiago”, 25 de xullo.
-Cecebre, “O Salvador”, 6 de agosto.
-Cambre, “A Nosa Señora”, 15 de agosto.
-San Lourenzo, “San Lourenzo”, 10 de agosto.
-O Temple, “Santa María”, 7 de setembro.
-Bribes, “San Cibrao”, 16 de setembro.
-Vigo, “Santa María”, 8 de agosto