Museos

XACEMENTO ROMANO DE CAMBRE

No ano 1998 atopáronse no centro de Cambre os restos dunha Villa romana. Un ano despois procedeuse á súa excavación arqueológica e, no ano 2001, acometeuse a súa musealización e posta en valor.

Datada no Baixo Imperio, trátase dunha Villa de explotación agropecuaria, da que se conservan os restos das termas privadas. Os vestixios arquitectónicos cífranse en dúas habitacións: o frigidarium (baño de auga fría) e as letrinas. Pero sen dúbida os restos mais importantes son as pinturas murais, realizadas cunha técnica e calidade excepcionais: pinturas de peixes, polbos, vieiras, etc. Tratábase de crear unha escenografía na que o aspecto lúdico ía asociado ao aspecto hixiénico ou de cuidado do corpo.

Folleto museo

CASA-MUSEO DE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Alcumada “Vila Florentina” é a casa-chalet que construiu o insigne coruñés para pasar en Cecebre as longas xornadas estivais.
Hoxe en día a casa é un pequeno museo donde se acubillan non só todas as súas obras publicadas, obxectos personais, movéis, senón tamén unha importante colección de arquivos personais que son xestionados por unha dinámica Fundación. O estudo sobre a obra e a vida deste ilustre escritor é unha das tarefas primordiais que se están a realizar no museo.
A casa atópase reformada e permanece aberta os sábados, domingos e festivos de 12:00 h a 14:00 h pola mañá, e de 17:00 h a 20:00 h pola tarde.

Casa Museo Wenceslao

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.