O alcalde pide a Jardíncelas que centre os servizos mínimos de limpieza no centro de saúde e nos colexios e bibliotecas

8 Xan 2024

O alcalde, Óscar García Patiño, solicitou ao Comité de Folga da empresa Jardíncelas que centralice os servizos mínimos de limpeza no centro de saúde de Cambre, nos centros de educación infantil e primaria do municipio e nas bibliotecas. En ambos os casos, pídese á compañía que realice estas tarefas todos os días da semana. No caso do centro de saúde de Cambre, o Concello require a limpeza todos os días da semana (de mañá e de tarde), incluíndo as fins de semana. A maiores, demándase tamén a limpeza do Punto de Atención Continuada (PAC) todos os días da semana, en horario de mañá, e unha hora máis pola tarde. O mantemento do centro de saúde do Temple realízao, directamente, a Xunta de Galicia. O alcalde apunta que, nos últimos días (antes da convocatoria da folga), o Concello xa recibira queixas da coordinación do servizo de Atención Primaria nas que se informaba de que o tempo de limpeza do centro de saúde fora reducido en 2 horas e 15 minutos diarios. A maiores, indicábase que estes traballos deixaran de prestarse no PAC en horario de tarde. García Patiño incide en que o mantemento destas tarefas “é esencial, especialmente na situación actual, co repunte dos casos de gripe A e de covid-19”. Centros de ensino No caso dos colexios e bibliotecas, o Concello require que estas dependencias se hixienicen todos os días da semana, facendo especial fincapé nos aseos e nas zonas comúns. No caso dos edificios administrativos do Concello, solicitouse limpeza dous días á semana, centrándose tamén nos aseos e zonas comúns.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.