O alcalde pide á Xunta axilidade para desbloquear o Vial 11-17, “a única solución para aliviar o tráfico en Costa da Tapia”

14 Dec 2022

O alcalde, Óscar García Patiño, pide á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade “que saque do caixón o Vial 11-17”, incidindo que se trata da “única solución para aliviar os problemas de tráfico que existen en Costa da Tapia”. Precisamente, esta proposta centra a alegación presentada polo Concello de Cambre ao Plan de Acción contra a contaminación acústica da rede autonómica de estradas da Xunta. O documento inclúe melloras en diferentes vías autonómicas e, entre elas, no tramo da AC-211 que discorre polo termo municipal.

O rexedor sinalou que as propostas que a Xunta expón para a vía ao seu paso por Cambre “son insuficientes e non van pór unha solución ao verdadeiro problema que sofren, día a día, os residentes da zona e as centos de persoas que pasan por este lugar”. Neste sentido, a iniciativa do organismo autonómico baséase en limitar a velocidade máxima permitida a 30 km/h, en repoñer o pavimento e en colocar nova sinalización. “Agradecemos que se vaian executar estes traballos, pero isto non vai supor un verdadeiro cambio”.

García Patiño sinala que o Vial 11-17, que partiría da N-VI e enlazaría coa Marisqueira sen necesidade de pasar por Costa da Tapia, preséntase como a única “solución á problemática”.

Instalación de turborrotondas

O alcalde solicita, ademais, unha resposta á iniciativa proposta polo Concello: a realización dun estudo por parte da Xunta para determinar a viabilidade de instalar dúas turborrotondas, unha no Paraugas e outra no acceso á AP-9. Ata o de agora, a petición do Concello non recibiu resposta algunha por parte do organismo.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.