O Choqueiro aterra en Cambre para inaugurar as festas de Entroido

10 Feb 2024

A descuberta do Choqueiro, un dos personaxes máis tradicionais do Entroido, supuxo o pistoletazo de saída para o Entroido en Cambre. O personaxe presidirá a Casa do Concello ata o vindeiro domingo, 18 de febreiro.

Con este acto, o Concello busca rememorar un costume moi común nas parroquias de Cela ou Brexo Lema, entre outras. Os veciños e veciñas destes lugares adoitaban colocar este tipo de figuras na entrada dos seus domicilios, recibindo así o período de Entroido. O Choqueiro (tamén coñecido como Meco) é un personaxe vinculado ás desviacións morais e ao que se lle atribuían cualificativos como os de lacazán ou lambón. De feito, coñéceselle pola súa debilidade pola comida ou polo diñeiro.

Transcorrido o Entroido, e tal e como reza a tradición, o Choqueiro abandonará o seu lugar privilexiado na Casa do Concello e daráselle eterna sepultura.

Concurso de disfraces, carrozas e comparsas
O Concello pechará o mércores, 14 de febreiro, o prazo de inscrición para apuntarse ao concurso de disfraces, carrozas e comparsas do Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse mediante a presentación da solicitude nos Rexistros de Cambre ou a través da sede electrónica.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.