O Concello celebrará en febreiro dúas charlas informativas sobre pragas e como minimizar o seu impacto

15 Xan 2024

Cambre busca combater a presenza de pragas a base de información. Trátase dun obxectivo que se espera conseguir coa organización de dúas xornadas nas que se falará sobre as principais patoloxías que as árbores ornamentais e forestais do municipio poden sufrir pola presenza de determinados insectos.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia Parcero, sinala que cada vez son máis “os veciños e veciñas que se poñen en contacto co Concello para informar dos problemas que sofren nos seus árbores por mor da procesionaria e do picudo vermello, entre outros, polo que cremos que a realización destas charlas é esencial para explicarlles as posibles solucións para minimizar o seu impacto”.

Ao longo das charlas falarase das seguintes cuestións: detección e solucións dos ataques da procesionaria aos piñeiros, métodos para combater ao picudo vermello e enfermidades que as distintas pragas provocan nas árbores froiteiras. Os relatorios estarán dirixidas por persoal experto na materia da empresa Endoterapia Vexetal.

O Concello celebrará dúas charlas. A primeira será o xoves, 1 de febreiro, ás 19.00 horas na Casa da Cultura Vila Concepción. A segunda terá lugar ao día seguinte, venres 2 de febreiro, ás 19.00 horas no salón de plenos. Inicialmente, estas actividades ían facerse no mes de decembro. Con todo, a solicitude das propias persoas rexistradas, o Concello cambiou as datas para estimular aínda máis a cifra de rexistrados.

As xornadas son gratuítas, pero para participar requírese inscrición previa. As persoas interesadas poderán anotarse a través do teléfono 698 177 121 ou no correo electrónico medioambiente@cambre.org.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.