O Concello e COGAMI xuntan esforzos para ofrecer un servizo de orientación laboral para persoas con discapacidade en Cambre

3 Abr 2023

As persoas con discapacidade ou incapacidade laboral de Cambre poderán acceder a un servizo de emprego 100% gratuíto. Esta prestación, que estará dispoñible a partir do 12 de abril, xorde por mor do acordo entre o Concello e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala os “beneficios” desta colaboración, apuntado que as persoas con discapacidade poderán “acceder a este servizo sen sequera saír do municipio, evitando desprazarse ata as instalacións centrais de COGAMI na Coruña”.

O Concello cedeu o uso dos locais municipais situados na rúa Río Miño n.º 6, na urbanización A Barcala. A partir do 12 de abril, unha técnica de inserción desprazarase os tres primeiros mércores de cada mes para atender aos usuarios e usuarias, que poderán acceder con cita previa. As solicitudes poden facerse a través do teléfono 981 23 11 05.

O servizo de emprego de COGAMI busca favorecer a inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Para conseguilo, ofrécese intermediación, orientación e prospección ás persoas con certificado oficial de discapacidade ou de incapacidade laboral para a profesión habitual da Seguridade Social.

Esta prestación conta con preto de 50 profesionais de orientación laboral e axentes de emprego e atende a persoas tanto das zonas urbanas como dos municipios rurais de Galicia. No caso de Cambre, a orientadora laboral, Yolanda Grandal, será a encargada de atender ás persoas usuarias. Actualmente, hai 167 persoas rexistradas na bolsa de emprego (105 homes e 62 mulleres).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.