O Concello inicia o proceso para decretar a caducidade de 25 licenzas urbanísticas sen executar desde hai dúas décadas

1 Xul 2022

Correspóndense coa construción de vivendas unifamiliares, pareados adosados en solos cualificados como non urbanizables interior a núcleo rural e rústicos.

Coa vista posta na próxima aprobación inicial do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), o Concello acaba de incoar o procedemento para decretar a caducidade de 25 licenzas urbanísticas pendentes de execución desde hai máis de dúas décadas. O edil de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, lembra que, tal e como indica a Lei 2/2016 do Solo de Galicia, unha vez concedida unha licenza, o prazo máximo para o inicio das obras é de seis meses. Así mesmo, tal e como se reflicte nesta normativa, estes traballos teñen que estar concluídos nun período de dous anos. Tendo isto en conta e atendendo ao criterio técnico, “adóptase esta decisión para evitar operacións especulativas por parte de promotores que incumpiron os tempos esixigos pola lei e que demostraron non ter interese real na execución desa licenza”.

As licenzas correspóndense coa execución de vivendas unifamiliares, illadas, pareadas ou adosadas en solos cualificados, principalmente, como de núcleo rural e rústicos.

Trátase dunha decisión que o Concello adopta por seguridade xurídica e coa intención de “liquidar aquelas licenzas incumpridas que puideran limitar as previsións do PXOM”, explica o concelleiro. A maiores, ao estar fixado o número de licenzas máximo nos solos non urbanizables interiores a núcleo rural, a concesión destes permisos impide que outros veciños e veciñas poidan solicitar novas autorizacións.

O Concello está a realizar as notificacións pertinentes aos titulares, un trámite que se espera concluír nos próximos días. Unha vez reciban a notificación, os interesados terán un prazo de dez días para alegar e presentar os documentos que estimen oportunos de acordo coa lei.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.