O Concello instalará novo mobiliario e elementos deportivos en sete instalacións municipais

9 Xuñ 2023

O Concello instalará novos equipamentos deportivos en sete instalacións e dependencias ao aire libre. O contrato de subministración do novo mobiliario adxudicouse, esta mañá, por preto de 17.000 euros, e supoñerá a dotación de elementos nos seguintes recintos: pistas polideportivas exteriores de Meixigo, Castros do Bosque (Cecebre), O Souto (Sigrás), nos campos de fútbol Dani Mallo, Lendoiro (A Barcala) e Os Pinares (Brexo-Lema) e no polideportivo de Anceis.

A través da adxudicación, o Concello incrementará as prestacións nestas áreas colocando, para iso, o seguinte mobiliario:

  • Un elemento biosaudable tipo surf (para traballar cuádriceps e xemelgos, por exemplo, e para mellorar a flexibilidade e da cadeira e columna vertebral) en Meixigo.
  • Dous elementos tipo esquí de fondo ou elíptica (para mellorar a mobilidade dos membros superiores e inferiores, así como a flexibilidade das articulacións) en Meixigo e Castros do Bosque.
  • Subministración dun xogo de dúas canastras en Castros do Bosque.
  • Subministración de barra de flexións tipo francesa calistenia (para mellorar a forza dos músculos das costas, bíceps, tríceps, ombreiros, peito e extensión de bonecas e dedos) en Castros do Bosque.
  • Subministración dunha mesa de tenis de mesa no polideportivo de Anceis.
  • Dous xogos de canastras no Souto.
  • Seis cepillos limpabotas con soporte galvanizado nos campos de fútbol Dani Mallo, Lendoiro (A Barcala) e Os Pinares (Brexo-Lema).

Os elementos biosaudables e a barra de reflexións tripla francesa irán acompañados dunha placa e/o cartel explicativo coas instrucións e recomendacións de uso.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.