O Concello organiza varias xornadas e obradoiros sobre exercicio físico dirixidas ás mulleres

3 Mar 2023

O Concello conmemorará o Día da Muller cun completo programa de actividades moi vinculadas ao ámbito da saúde e o exercicio físico. O programa, que incluirá xornadas e obradoiros, celebrarase ao longo de todo o mes e arrincará o vindeiro venres, 10 de marzo, ata o sábado, día 25.

A programación arrincará a próxima semana na Casa da Cultura Vila Concepción. A instalación acollerá o venres, 10 de marzo, de 19.00 a 20.30 horas a xornada ‘Coidados do piso pélvico nas diferentes etapas da muller’. Ao día seguinte, sábado 11 (12.00 a 13.30 horas), será o taller ‘Coidado e exercicios para coidar e protexer o piso pélvico’.

O venres, 17 de marzo (19.00 a 20.30 horas), organizarase a xornada ‘Nutrición e saúde nas diferentes etapas da muller’, tamén en Vila Concepción. O sábado, día 18, será a quenda do taller ‘Recursos prácticos para unha nutrición non centrada no peso’ (de 12.00 a 13.30 horas en Vila Concepción).

O programa concluirá os días 24 e 25 de marzo con dous talleres: ‘Saúde e exercicio físico nas diferentes etapas da muller’ (24 de marzo, de 19.00 a 20.30 horas) e ‘Preparación física na muller para a saúde (25 de marzo de 12.00 a 13.30 horas). Estas dúas últimas iniciativas terán lugar no Complexo Deportivo da Barcala.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día antes do inicio de xornada. Para iso, deberán presentar a solicitude inscrición nos rexistros do Concello. As mulleres terán preferencia á hora de anotarse.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.