O Concello restrinxe o uso de fontes para combater o risco por seca

22 Set 2022

Cambre restrinxirá desde hoxe, xoves 22 de setembro, o uso de fontes ornamentais e elementos similares. Esta é unha das medidas que o Concello adoptará como acción preventiva polo risco de seca. Atendendo ás indicacións e recomendacións da Xunta, elaborouse un bando municipal no que se especifican as diferentes medidas a adoptar na situación de escaseza de choivas actual.

Ademais da restrición do consumo en fontes, o documento recolle as seguintes directrices: eliminación do baldeo de rúas para a súa limpeza, redución das regas públicas e privadas, evitar o lavado de coches e vehículos industriais e o control do consumo nos edificios e instalacións municipais. Por último, a curto prazo, exponse a elaboración dunha auditoría da rede de saneamento para a detección de infiltracións, así como doutra para revisar posibles fugas na rede de abastecemento.

Estas directrices están acompañadas dunha serie de recomendacións dirixidas a toda a cidadanía. Así, recoméndaselles aos veciños e veciñas reducir as tarefas de lavado de coches e de rega de hortas, a optimización de recursos na rega e en gandería, revisión de posibles fugas en baños e cociñas, o uso racional da auga no aseo persoal, utilización dos electrodomésticos con carga completa e a revisión das últimas facturas e comparativa con trimestres similares.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.