O Concello revitalizará unha área verde de 3.658 metros cadrados do Temple   

9 Mar 2023

O Concello mellorará a funcionalidade da zona verde situada nas inmediacións de rúa Polígono. As obras, que se financiarán con cargo ao Plan Único da Deputación, contan cun orzamento de 184.978,05 euros. A contía servirá para mellorar unha zona de 3.658 metros cadrados que, na actualidade, transmite a sensación de espazo residual. As actuacións servirán, precisamente, para recuperar o atractivo deste espazo e consolidalo así como unha zona verde máis do Temple. A idea é que funcione como punto de encontro e esparexemento para os veciños e veciñas.

As obras centraranse na reordenación do espazo libre configurando novos itinerarios e zonas de axardinamento. Para conseguir estes obxectivos, acometeranse varias tarefas: desmonte dos elementos existentes (sinais, farois, peches e mobiliario urbano), destoconado das árbores afectadas, demolición de bordos, arquetas e pavimentos, formación de firme granular con saburra artificial e de diversos pavimentos, renovación da rede de abastecemento, pluviais e iluminación pública, plantación de novas árbores, instalación de mobiliario urbano e creación dunha área canina.

A disposición dun espazo canino nesta zona resultou gañadora nunha das últimas edicións do proceso participativo Decidámolo Xuntos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.