O Concello saca a licitación a creación dun parque canino no Temple, o terceiro do municipio

29 Nov 2022

O Concello acaba de sacar a licitación o proxecto para crear un parque canino na rúa Álvaro Cunqueiro, O Temple. Esta será a terceira instalación do municipio destas características e dará resposta a unha demanda dos veciños e veciñas da zona. Tanto así, que tal e como explica a concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade, Patricia Parcero, “foi unha das propostas gañadoras na edición do Decidámolo Xuntos de 2021”. O obxectivo destes espazos vai máis aló de “proporcionar lugares de esparexemento para os cans. A idea, de feito, é que a disposición destas áreas poida promover unha mellor convivencia entre os veciños e veciñas e as mascotas e garantir, ademais, a tenencia responsable”.

Actualmente, existen outras dúas zonas de esparexemento para cans: unha na rúa Río Barcés (urbanización A Barcala) e outra localizada entre a zona industrial da Barcala e a ponte da autoestrada, no Temple. O terceiro parque canino do municipio situarase nunha parcela de Álvaro Cunqueiro, onde tamén están o pavillón municipal do Temple, o CEIP Graxal e o centro sociocultural, entre outras dependencias. É dicir, este recinto estará localizado en pleno núcleo urbano do Temple, garantindo así un maior uso por parte da cidadanía.

Esta zona dispoñerá de céspede para os animais, estará perimetralmente pechada e contará, ademais, con elementos como unha fonte, contedores e carteis informativos sobre as normas de uso.

As obras saen a contratación por importe de preto de 14.000 euros e cun prazo de execución dun mes.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.