O Concello saca a licitación os servizos para celebrar a VII Open Science o 21 e o 22 de setembro

14 Ago 2024

O Concello acaba de sacar a licitación o expediente para celebrar a VII Open Science a terceira fin de semana de setembro (os días 21 e 22). A prestación sae a licitación cun orzamento base de 94.685,29 euros.

O expediente está dividido en nove lotes, abarcando así os seguintes servizos: carpas e complementos; carpa domo; sanitarios portátiles; instalación eléctrica temporal; serigrafía e sinalización; megafonía e son; vixilancia nocturna; memoria técnica e, por último, manutención.

A Open Science está coorganizada polo Concello e a Asociación Xuvenil XentD100. De feito, unha das particularidades da feira científica é que a organización de gran parte da cita depende, directamente, dos máis novos. Así, a Open conta, ano tras ano, cun importante grupo de voluntarios que traballan divididos en comisións. Na sexta edición, por exemplo, foron un centenar os mozos e mozas de entre 12 e 21 anos que se encargaron dos detalles organizativos da feira.

A alcaldesa, María Pan, incide en que esta feira “é xa unha cita imperdible tanto para Cambre como para outros concellos da comarca”. A rexedora lembra, ademais, que a Open Science “continúa medrando en cifras de participación e asistencia, adquirindo, ano tras ano, unha dimensión máis internacional”.

A sétima edición arrincaría o venres, 20 de setembro, coa recepción dos participantes que proceden doutros puntos de Galicia, España e mesmo do estranxeiro. A actividade na feira comezaría o sábado, 21 de setembro, e prolongaríase ata o domingo, día 22.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.