O goberno propón dedicar outros 725.812 euros do POS+ 2023 á creación de espazos urbanos de calidade

20 Set 2023

O Concello celebrará mañá, xoves 21 de setembro, ás 12.00 horas un pleno extraordinario no que o goberno local expoñerá a súa proposta de obras a financiar co POS+ 2023 da Deputación da Coruña. A intención do goberno local é dedicar 725.812,54 euros á execución de tres proxectos: ordenación e humanización do espazo público na contorna do apeadeiro de Cecebre, reforma do parque infantil da rúa Francisco Rodríguez e a mellora funcional do paseo dous Templarios.

O alcalde, Óscar García Patiño, apunta que estas intervencións teñen algo en común: “deixan entrever a nosa aposta decidida por crear espazos nos que a veciñanza teña un maior protagonismo, dotando as rúas de máis árbores, mellorando a accesibilidade, a seguridade viaria e eliminando as barreiras arquitectónicas”.

No caso do apeadeiro de Cecebre, os traballos supoñerán xerar unha beirarrúa segura e accesible na zona do apeadeiro, habilitando, ademais, prazas de aparcadoiro. O Concello construirá unha franxa peonil que dará acceso ao centro social, ao parque e ás pistas de Cecebre. O proxecto inclúe, así mesmo, a realización das seguintes tarefas: urbanización da praza e os accesos ao local social, colocación de novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras), mellora do firme, plantación de árbores, execución de canalizacións para soterrar instalacións de telecomunicacións e iluminación, así como da rede separativa para recollida de pluviais e fecais e substitución da tubaxe da rede de abastecemento existente.

No parque Francisco Rodríguez, as obras supoñerán a renovación e a mellora do espazo verde, a instalación de mobiliario urbano, a renovación do pavimento de caucho e os xogos infantís e a instalación dun cartel informativo na área infantil.

Por último, o goberno propón financiar a mellora dun primeiro tramo do paseo dos Templarios con fondos provinciais. Con este último proxecto, o goberno local responderá a unha demanda trasladada polos propios veciños e veciñas a través do proceso participativo. Nesta primeira fase actuarase nun tramo de 179,4 metros. As intervencións centraranse na mellora integral do pavimento actual e reconfigurar os distintos espazos de axardinamento e elementos de mobiliario urbano.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.