Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada de charlas a cargo de expertos e pacientes. O evento...
O hotel de insectos de Casa Arrigada abre as súas portas da man dos máis novos

Tamén che pode interesar
Máis de 250 veciños solicitaron xa cita para consultar o PXOM de Cambre
Máis de 250 veciños e veciñas solicitaron xa cita para consultar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre. Así o...
A etapa previa á elaboración do hotel consistiu na recollida dos elementos para dar forma a esta construción. Nesta fase, os mozos e mozas fixeron provisión de piñas, paus, cortizas e pedras, materiais procedentes do paseo fluvial do río Mero, localizado a poucos metros da casa da mocidade. A construción ideada polos mozos expúñase con seis palés colocados un encima do outro. A intención era que cinco deles estivesen repletos dos elementos recolleitos no paseo fluvial, mentres que o último, estaría ocupado por unha xardineira na que cultivar plantas aromáticas como malva e ruda.
No primeiro día de traballo comezáronse as tarefas de vernizado e lixado dos palés. Con estes elementos xa secos e lisos, a actividade continuou co enchido dos mesmos cos materiais naturais recolleitos. O último paso foi a elección da localización do hotel, que debía situarse nunha zona próxima a áreas axardinadas, cunha maior incidencia solar e evitando o contacto directo co chan.
Entre os beneficios desta construción destacan a protección de especies como, por exemplo, crisopas, avespas e abellas, a facilitación da polinización das plantas, o control da presenza de pragas e, en definitiva, o mantemento e conservación do ecosistema.