O mural Enraizado no presente de Huariu atópase entre os máis votados para converterse no mellor do mundo en 2022

20 Xan 2023

A plataforma mundial de muralismo Street Art Cities acaba de publicar o ranking provisional coas obras favoritas pola audiencia para converterse no mellor do mundo en 2022. Enraizado no presente, de Huariu, conseguiu entrar na listaxe, conseguindo a posición número cinco das dez que forman parte desta relación. Con todo, as votacións continuarán abertas ata finais de mes, polo que tanto a obra de Huariu como a de Mon Devane (Fendetestas), nomeada ao recoñecemento, teñen posibilidades de alzarse co primeiro premio.

En total, hai un centenar de obras nomeadas de 30 países de todo o mundo. De España, tan só 29 foron seleccionadas, mentres que, a nivel Galicia, a cifra de elixidas redúcese ata as cinco (dous delas, as que están localizadas en Cambre). Agora, forman parte do Top 10 de preferidos sete murais españois e só dous galegos.

As persoas que desexen participar na votación deberán descargarse a aplicación móbil de Street Art Cities. A continuación, terán que rexistrarse para poder emitir os seus votos, podendo escoller ata dez das obras que están nomeadas.

Enraizado no presente
A creación de Huariu foi unha das finalistas do premio como mellor obra do mes de agosto. Aínda que, finalmente, a obra do artista portugués non resultou gañadora, esta cultivou unha gran popularidade entre a audiencia.

Tal e como o propio Huariu revelou nas súas redes, o mural apela á infancia. Nel, un neno mira a unha bolboreta que descansa sobre o seu ombreiro. Como indica o autor, trátase dunha escena cotiá que esconde unha pregunta clave: canta importancia lle damos a cada momento? Enraizado no presente fala, precisamente, da necesidade de prestar atención aos pequenos momentos que suceden ao noso ao redor.

Fendetestas
Fendetestas, o mural que Mon Devane pintou en Sigrás dentro do Cromático Mural Fest, foi elixido como o mellor do mundo do mes de xullo na plataforma global Street Art Cities.

Na obra, Mon Devane retratou ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán, converténdoo en Fendetestas, o personaxe del Bosque Animado, de Wenceslao Fernández Flórez.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.