O salón de plenos de Cambre convértese nunha aula para os alumnos do CEIP Wenceslao Fernández Flórez

12 Feb 2025

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flórez tomaron posesión como concelleiros e concelleiras da corporación municipal. O Concello acolleu, esta mañá, a celebración de dous plenos infantís nos que os estudantes tiveron ocasión de ocupar os postos dos partidos representados no pleno, así como os da interventora e secretaria municipal. Durante a sesión, a alcaldesa, María Pan, deulles a benvida, explicándolles o funcionamento da administración local, en xeral, e deste órgano colexiado, en particular.

Os recentemente nomeados edís aproveitaron a ocasión para exporlle á rexedora as súas consultas e preguntas. Entre elas, os pequenos e pequenas interesáronse por saber se a Pan Lesta gustáballe ocupar o cargo de alcaldesa de Cambre. Os pequenos aproveitaron a ocasión, ademais, para formular as súas peticións e demandas. Desta forma, solicitaron a execución das beirarrúas na zona do Apeadeiro de Cecebre, a mellora da área infantil do Parque da Igrexa e tamén dalgúns campos de fútbol. A rexedora tomou nota de todas elas, comprometéndose a estudar aquelas de competencia municipal e a trasladar as que dependesen doutros organismos e administracións, como no caso das beirarrúas de Cecebre.

Durante a sesión, o alumnado mostrou así mesmo a súa preocupación por outros temas como, por exemplo, as condutas incívicas relacionadas co mal uso dos contedores. A primeira edil sinalou aos nenos e nenas como “pezas fundamentais e como claves para que no futuro se poidan erradicar este tipo de condutas”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.