O Servizo Municipal de Emerxencias rescata a unha muller que quedara inmóbil no seu domicilio

18 Nov 2023

O Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre protagonizou, nos últimos días, unha intervención de película. Na mesma, un dos membros da agrupación tivo que descender pola fachada dun edificio para asistir a unha muller que non podía levantarse tras romper a cadeira e unha perna. Os feitos producíronse cando a agrupación recibiu a chamada dun particular. Na mesma, informábase de que unha muller estaba a pedir auxilio no interior do seu domicilio, situado na rúa Curros Enríquez. Ao chegar ao inmoble, os servizos de emerxencias inspeccionaron o exterior da propiedade, que contaba con porta acoirazada. A veciña estaba no interior, xusto alén da porta. Co fin de non alterala e de evitar danos, decidiuse acceder ao domicilio baixando pola fachada do inmoble. Algo que se conseguiu grazas á colaboración doutra residente, que permitiu aos axentes entrar na súa casa, situada nunha planta superior, para realizar esta operación. Desde aí, un dos efectivos logrou acceder ao piso da octoxenaria a través dunha xanela. Durante a intervención, o 061 mantivo contacto telefónico coa veciña para tranquilizala e asegurarse de que se atopaba ben. Finalmente, os efectivos de emerxencias lograron entrar e asistir á muller, que foi trasladada ao centro hospitalario. Na intervención cooperaron o Servizo Municipal de Emerxencias, a Garda Civil e o 061. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, aplaude “o labor realizado polo Servizo de Emerxencias de Cambre e pola Garda Civil e 061, que traballaron de xeito coordinado para asistir a esta veciña”. O edil apunta que a colaboración cidadá foi “igualmente esencial para axudar á muller”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.