Os máis novos súmanse á confección de actividades dla OMIX a través do Faite Oír!

2 Nov 2023

Se tivésedes que reconstruír a casa da mocidade, por onde empezariades? Esta é unha das preguntas ao redor das que se expuxo o Faite Oír! da OMIX de Cambre. Unha proposta coa que a Oficina Municipal de Información Xuvenil buscou crear un espazo participativo no que os máis novos puidesen formular as súas propostas para a programación e para as instalacións xuvenís. Por medio de preguntas, xogos de mímica, tarxetas e a elaboración dun mural, preto de medio centenar de persoas tiveron a oportunidade de expresar as súas ideas.

En liñas xerais, os usuarios e usuarias coincidiron en pedir máis actividades en grupo e que implicasen saír fóra do termo municipal. Ao longo das dinámicas, expuxeron propostas como paintball, lásertag, pádel, así como excursións a parques de atraccións e mesmo viaxes ao estranxeiro. Os mozos interesáronse tamén polos talleres de cociña que xa se organizan, de forma regular, desde o departamento, solicitando novas accións para aprender a elaborar patacas bravas, sushi, galegas, filloas, donuts, e pratos de Nadal.

En canto á organización de iniciativas novas, destacaron algunhas sobre habilidades para o día a día: métodos de relaxación, control de emocións e ansiedade, métodos de estudo, linguaxe corporal e taller de RCP, entre outras temáticas.

Zona de intercambio de libros

Os usuarios tiveron a ocasión, ademais, de formular unha lista de desexos cos materiais dos que lles gustaría dispoñer nas dependencias. Neste punto xurdiron ideas como a disposición de novos xogos de mesa, a compra dunha videoconsola ou a creación dunha pequena biblioteca ou zona de intercambio de libros, entre outras.

Sentimentos

Os mozos tiveron a oportunidade de explicar que significan para eles as casas da mocidade. Neste punto, os mozos e mozas empregaron palabras como “diversión”, “sentimento” e “todo gratuíto” para referirse a estas instalacións. Outros indicaron que, para eles, Casa Arrigada e Casa dás Palmeiras convértense nun sitio “para facer amigos”, como un “punto de información de aprendizaxe e diversión” e como “un segundo fogar”.

A concelleira de Xuventude, Ana Rodríguez, e o edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, participaron na dinámica grupal cos mozos e mozas e agradeceron a súa “implicación e entusiasmo, claves para seguir mellorando a oferta xuvenil”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.