Os Reis Magos apalabran a súa cita co Concello e prometen un percorrido por todas as parroquias

10 Dec 2022

Os Reis Magos apalabraron xa a súa cita en Cambre e prometen un circuíto completo por todas as parroquias. A cita real será o xoves, día 5 de xaneiro, ao longo de todo o día. Así o confirman As súas Maxestades de Oriente, que se mostraron “felices” de poder reencontrarse, de novo, cos nenos e nenas do municipio. Nos dous últimos anos, a crise sanitaria da covid-19 impediu que a visita dos monarcas se realizase con normalidade. En 2023, os Reis confirmaron que volverán ao formato habitual, coñecendo aos pequenos e pequenas de todo o municipio.

Pola mañá, visitarán todas as parroquias. Farano en coches clásicos, parando nalgúns dos puntos de referencia de cada zona. Pola tarde, está prevista a realización de dúas Cabalgatas: unha no Temple (que sairá desde o CEIP Portofaro) e outra en Cambre (que partirá desde o Muíño da Barcala, nas inmediacións da asociación La Promesa) e outra en Ou Temple. Con respecto a outros anos, procurarase minorar o ritmo das Cabalgatas para que os nenos e nenas poidan gozar, durante máis tempo, da visita dos Reis Magos.

Unha vez conclúan os itinerarios, haberá recepcións reais nos pavillóns de Graxal e no Sofía Toro. Nese momento, os pequenos e pequenas terán tempo para formular os seus desexos aos monarcas e poderán gozar, ademais, dunha cunca de chocolate quente.

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, celebra que esta cita “tan especial e máxica poida retomarse tras dous anos especialmente duros”.

No 2020, o Concello tivo que apostar por un servizo de videochamada coas súas Maxestades debido á crise sanitaria. No 2021, os Reis Magos non faltaron á súa cita con Cambre, pero leváronse a cabo Cabalgatas estáticas para garantir o cumprimento das medidas sanitarias.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.