Os Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos de Cambre e farán un percorrido por todas as parroquias

3 Xan 2024

Os Reis Magos volverán a Cambre. O reencontro das súas Maxestades de Oriente cos nenos e nenas será este venres, 5 de xaneiro, e prolongarase toda a xornada. Así o confirmaron os propios monarcas, indicando que, pola mañá, realizarán un percorrido matinal por todas as parroquias, mentres que pola tarde, tomarán parte na clásica Cabalgata, que pasará polo Temple, A Barcala e Cambre.

O circuíto matinal arrincará ás 8.45 horas e a liña de saída será a propia Casa do Concello. Subidos nun coche clásico, os Reis Magos partirán desde aí e farán paradas nalgúns dos puntos de referencia de cada zona. Co obxectivo de que os veciños e veciñas poidan saber a hora de chegada dos Reis, o Concello habilitará unha ligazón na páxina web para coñecer a localización exacta na que se atopan.

Pola tarde, está prevista a realización da Cabalgata, que percorrerá tanto O Temple como A Barcala e Cambre. A saída desde O Temple será, aproximadamente, ás 17.00 horas. Ao redor das 18.45 horas está previsto que os monarcas partan desde A Barcala, percorran algunhas das rúas da urbanización e se dirixan en dirección a Cambre.

Unha vez conclúa o itinerario, haberá recepcións reais nos pavillóns do Temple Graxal e no Sofía Toro. Nese momento, os pequenos e pequenas terán tempo para formular os seus desexos aos monarcas.

Durante as recepcións, todos os nenos e nenas recibirán un boleto para participar nun sorteo de agasallos. Este ano, rifaranse dúas bicicletas e dous patinetes entre as dúas recepcións. As persoas gañadoras anunciaranse a través das redes sociais municipais.

A Cabalgata e as recepcións reais estarán supeditadas á climatoloxía. En caso de alerta vermella, ambas as actividades terán que cancelarse. En caso de producirse unha alerta climatolóxica de menor nivel, o Concello manterá as recepcións nos pavillóns municipais.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.